Partido Popular de Lugo

O PP de Lugo condea o caso de violencia de xénero que rematou coa vida dunha muller e comunica o seu pesar á familia e á comunidade xitana pola súa morte

Lugo, 25 de febreiro de 2014.- O PP de Lugo, a través da Comisión Provincial de Muller, desexa facer pública a súa máis enérxica repulsa e o seu total rexeitamento ante calquera caso de violencia de cara ás mulleres.

Porén, os populares lucenses condean o caso de violencia de xénero que rematou coa vida de María Luisa, cuxo corpo sen vida apareceu hoxe nas inmediacións de Lavacolla, e queren trasladar o seu máis sentido pésame a súa familia e á comunidade xitana.

A Comisión Provincial de Muller do PP lucense, coordinada pola edil no Concello de Lugo, Mari Teijeiro, reitera o seu apoio as víctimas desta lacra inhumana e fai un chamamento ás mulleres que sofren malos tratos a que presenten denuncia contra os seus agresores e a sociedade no seu conxunto para que non permanezamos impasibles ante calquera evidencia ou mostra desta violencia da que son víctimas, fundamentalmente, mulleres e nenos de calquera idade e condición social.