Partido Popular de Lugo

O PP de Cervantes lamenta o pouco compromiso do alcalde na defensa dos intereses veciñais e a quen lle deu as costas o seu propio secretario xeral

Cervantes, 25 de febreiro de 2014.- O voceiro do PP en Cervantes, José López, lamenta ou a falta de actitude ou o pouco poder que semella ter o alcalde da localidade, Benigno Gómez, a quen lle deu as costas o seu propio secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro,

José López fixo estas declaracións tras que esta mañá o equipo de goberno da Deputación de Lugo, -PSOE e BNG-, se posicionase en contra dunha moción presentada polo PP e dirixida a lograr a colaboración conxunta entre Xunta, Deputación e Concello para garantir a conservación das pallozas de Piornedo.

 O popular asegura non entender o voto en contra a esta proposta, “independentemente de que despois se propoñan outro tipo de actuacións para este concello”, matizou; quen lle pide explicacións ao propio alcalde.

“Queremos saber se o presidente da Deputación de Lugo lle deu algún tipo de razoamento ao alcalde tras lavarse as mans” e non atender ás peticións dos veciños que “atopan nas pallozas moito máis que un edifico, son o reflexo do seu pasado, ademais dunha fonte de riqueza actual”; recalcou o voceiro dos populares.

José López explica que esta é unha mostra da falta de compromiso do alcalde, quen foi “desautorizado polos seus”. E, neste senso, dende o PP local instan ao alcalde socialista a que “non se quede quieto, que interceda polos veciños e logre a colaboración da Deputación”, ao igual que foi posta de manifesto a boa vontade por parte da Xunta de Galicia.