Partido Popular de Lugo

JAIME CASTIÑEIRA:”A DEMAGOXIA É A PEOR DAS POLÍTICAS QUE SE PODE FACER E NON SOLUCIONA OS PROBLEMAS DOS CIDADÁNS COMO NO CASO DOS DESAFIUZAMENTOS”

Santiago, 25 de febreiro  de 2014.- O voceiro de Vivenda do PPdeG, Jaime Castiñeira Broz, criticou hoxe no pleno do Parlamento que “a demagoxia é a peor das políticas que se pode facer e non soluciona os problemas dos cidadáns como no caso dos desafiuzamentos” referíndose as propostas da oposición “xa que parece que esquecen que estes comezaron no ano 2007 e poden existir discrepancias e solicitar que se faga máis pero o que non se pode negar é que os primeiros gobernos que tomaron  algunha medida ao respecto dos desafiuzamentos foron gobernos do PP”. 

Así, o voceiro popular recordou o Real Decreto sobre paralización de desafiuzamentos do ano 2012, publicado nada mais tomar posesión o novo Goberno do Estado,  ou o Código de Boas Prácticas do mesmo ano, a modificación da Lei hipotecaria e a creación dun fondo social para a vivenda.

“Non se poden manipular os datos e desgraciadamente  temos que recordar que nos anos 2007 e 2011 houbo 350.000 desafiuzamentos en España e os 39.000 da actualidade non significan que sexan de vivendas habituais, o mesmo que os anteriores, xa que poden ser de edificios ou vivendas en construción” indicou Jaime Castiñeira. 

O voceiro popular recordou o protocolo firmado pola Xunta, a Fegamp e o  Consejo General del Poder Judicial e o programa Reconduce asinado por cinco consellerías co  Colexio de Traballadores Sociais e a Fegamp “para intervir  de forma coordinada para non chegar ao desafiuzamento”, ademais do programa Realoxo da Xunta de Galicia con 500 vivendas “co compromiso de incrementalas se fai falta, e das cales houbo 74 solicitudes das que foron adxudicadas 34 e 18 están en estudo”.

Jaime Castiñeira criticou que “o PSdeG-PSOE pretenda pasar pola esquerda a AGE presentando unha emenda onde plantexa a expropiación ás entidades financeiras que manteñan vivendas en propiedade baleiras, na mesma liña que a Lei andaluza que actualmente está paralizada polo Tribunal Constitucional”.