Partido Popular de Lugo

COMUNICADO- ESTACIÓN INTERMODAL

·Califica esta infraestructura de necesaria para Lugo e confía en que a cidade contará coa mesma, tal e como dixo a Ministra de Fomento, Ana Pastor, quen garantíu que a capital lucense terá estación intermodal

·Se Gómez Besteiro quere redactar unha Declaración Institucional de xeito constructivo para que institucionalmente se envíe unha mensaxe a tódalas Adminsitracións, contará sempre co noso apoio, pero se o que pretende é facer política, non vamos a consentir que nin él, nin o seu partido, nos de leccións de xestión pública

·Opoñémonos a que se faga unha utilización demagóxica das infraestructuras lucenses, máxime cando foron os socialistas os que deixaron unha herdanza totalmente envelenada (unha débeda de corenta mil millóns de euros no Ministerio de Fomento)

·O PSOE non nos vai dar leccións de infraestructuras para a nosa provincia