Partido Popular de Lugo

PP urxe a Besteiro a desenvolver as labores de limpeza, saneamento e estabilización dun barranco presente na estrada Accesos a San Facundo, en Paradela

Lugo 21 de febreiro de 2014.- Ante unha estrada de titularidade provincial,  instransitable, obstruída e visto que o máximo responsable da vía, o Señor José Ramón Gómez Besteiro, pasa absolutamente de todo, o grupo provincial do Partido Popular, urxe a Besteiro a que leve a cabo os traballos de limpeza, saneamento e estabilización dun barranco que se atopa na estrada Accesos a San Facundo, en Paradela.

Os populares rexistraron esta mañá un rogo do que darán conta na sesión plenaria provincial que terá lugar o vindeiro martes da situación na que se atopa este vial que sufríu, por mor dos fortes temporais, outro derrumbamento que afecta aos dous carrís e impide a circulación, ademáis de supoñer un importante risco para os conductores.

Lembra o PP que na sesión plenaria de xaneiro do ano 2013, o grupo presentou unha moción na que instaron a Deputación a manter en bo estado a estrada e que o Organismo votou en contra alegando que o vial non era da súa titularidade.

Din os populares que feitos e ditos non se corresponden e contradinse posto que nun primeiro momento o Ente Provincial afirmou que a estrada non era da súa titularidade e sin embargo, días despois, o propio Organismo limpou o material presente na infraestructura viaria e rexenerou o asfaltado das fochancas presentes na calzada.

Os populares insisten en que Besteiro ten que facer as cousas ben e  acondicionar “como é debido” esta estrada, non levando a cabo as súas tradicionais “chapuzadas”, posto que senón  estas deficiencias volverán a producirse.

Conclúe o PP lembrando que os propietarios das fincas afectadas polos derrumbamentos ainda non recibiron indemnizacións polos danos causados e urxe a Besteiro a que arranxe inmediatamente os problemas presentes nesta estrada, máis agora co incremento das excursións á zona.