Pol 21 de febreiro de 2014. A presidenta e voceira do PP de Pol, María Ángeles Lenza, convidou a tódolos militantes, afiliados e veciños a participar na tradicional xuntanza que os populares levan a cabo, dende o pasado mes de xuño, o último sábado de cada mes.
Dito encontro terá lugar mañá sábado, día 22 de febreiro, às 22:00 horas no Teleclub de Silva e no que os populares, como é habitual, darán conta do que o grupo municipal está a levar a cabo e no que os asistentes tamén poderán expoñer as súas inquedanzas e opinións.
A presidenta e voceira popular lembrou que o obxetivo principal destes encontros é facer autocrítica polo que instou a tódolos veciños a asistir e a pasar unhas horas entre amigos e en familia.