Partido Popular de Lugo

Medio cento de estudantes lucenses poderán beneficiarse da convocatoria de axudas complementarias ás bolsas Erasmus

Lugo, 21 de febreiro de 2014.- O Partido Popular na provincia de Lugo, a través do seu secretario xeral Jose Manuel Balseiro, anunciou hoxe que entorno a medio cento de estudantes lucenses poderán ser beneficiarios das axudas complementarias ás bolsas Erasmus que vén de aprobar a Consellería de Cultura e Educación.

Desde esta mesma mañá poden realizar a súa solicitude de axuda as persoas interesadas e consultar as bases da convocatoria publicada onte no Diario Oficial de Galicia.

Os populares salientan que a nosa comunidade presenta a mellor convocatoria de axudas complementarias a estas bolsas europeas, a máis equilibrada en termos cuantitativos e cualitativos, en universalidade e excelencia.

Así mesmo, quixeron subliñar que o Goberno central xa confirmou que a nova convocatoria beneficiará á totalidade dos solicitantes actuais –sen exclusión de ningún tipo-“Os estudantes con bolsas Erasmus neste curso 2013-14 van seguir percibindo tanto as axudas do Goberno central como as da Xunta de Galicia nas mesmas condicións que os anos anteriores. De cara ao vindeiro curso, a Unión Europea e o Goberno central xa anunciaron a nova convocatoria e a Xunta ratificou o seu compromiso de complementar estas axudas para os estudantes da Comunidade galega.”

CARACTERÍSTICAS DE GALICIA

Os populares explicaron que pode solicitar a axuda da Xunta calquera alumno que posúa una bolsa europea Erasmus, todos recibirán un mínimo fixo de 70 euros ao mes sen limitación do número de meses para aboar.

Todos os solicitantes que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria e teñan a documentación completa no prazo sinalado, recibirán unha axuda económica uniforme en función da súa permanencia no programa, que se distribuirá do seguinte modo:

•Un trimestre: 240 euros.

•Un semestre: 480 euros.

•Curso completo: 720 euros

O MELLOR COMPLEMENTO

“Non hai unha soa convocatoria de comunidade autónoma que reúna esas catro características, porque todas presentan eivas e limitacións nalgunha delas”, aseguran desde o Partido Popular.

As axudas da Xunta benefician a cerca de 1.500 estudantes galegos, deles entorno a medio cento lucenses, e conta cun investimento anual de 1.300.000 euros, mantendo así o orzamento do curso pasado no que xa se incrementou nun 30% con respecto das anteriores convocatorias.