En ningún momento cuestionou as actividades nin a función que promove a Asociación Socio-pedagóxica Galega (AS-PG) e, moito menos, a xustificación dos gastos que realiza.
O que o Grupo Provincial do Partido Popular está a cuestionar é a xestión e o reparto que do diñeiro público se está a promover dende a Deputación de Lugo.
Aos populares parécelles loable que a Asociación Socio-Pedagóxica Galega dea a coñecer o seu posicionamento, pero non vai consentir que se desvirtúe a mensaxe que se puxo de manifesto na nota de prensa remitida onte aos medios de comunicación.
Así, o Grupo Provincial do Partido Popular reitera que o PP non pon en dúbida a actividade e as accións que promove a citada asociación, o que considera un despropósito é:
1.- A elevada contía económica que se lle está a conceder a citada asociación en proporción coas actividades que realiza na provincia e máis cando se trata dun ente con domicilio na Coruña.
2.- Que haxa que sumar as contías que perciben varias asociacións con domicilio en Lugo, para que durante estes anos reciban a metade do que obtivo unha asociación ubicada na Coruña.
3.- Que as axudas concedidas dende a administración lucense a AS-PG sexan superiores ás que lle achega, por exemplo, a Deputación da Coruña. Non critica a concesión de subvencións a esta asociación por parte da Xunta de Galicia ou da Deputación da Coruña, -AS-PG ten domicilio dentro da súas áreas xeográficas de goberno-.
4.- O procedemento mediante o cal se concederon as axudas, -nominativo-, impide participar na concesión a outras asociacións. Polo tanto, a concesión das axudas é de carácter directo.
5.- Por último, o Grupo Provincial do Partido Popular considera sorprendente a vinculación de persoas que traballan con esta asociación e o BNG, que bigoberna a Deputación de Lugo. Os populares denunciaron xa varios casos de coíncidencias entre membros afíns ao BNG e as asociacións perceptoras de axudas.
Polo tanto, os populares queren deixar claro que o seu grupo non cuestiona a actividade da asociación. O que o GPP está a poñer en evidencia é o criticable reparto que dos fondos públicos se está a promover dende a Deputación de Lugo, e que xa denunciaron en varias ocacións por considerar que se está a seguir un criterio sectario e partidista.