Partido Popular de Lugo

Seis concellos da Mariña lucense reciben axudas da Xunta por máis de 252.000 euros para financiar os seus proxectos de revitalización do comercio local

Lugo, 19 de febreiro de 2014.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, explicou hoxe que cinco concellos da Mariña lucense reciben axudas da Xunta por máis de 252.000 euros para financiar os seus proxectos de revitalización do comercio local.

A relación de actuacións subvencionadas na nosa comarca son:

·Ribadeo: A Xunta achega 83.134,81 euros para o acondicionamento e pavimentación da rúa Ramón González,

·O Vicedo: (proxecto conxunto con Mañón): 74.109 euros para a creación punto encontro comercial para dinamización do comercio, rúa Prado Villapol

·Barreiros: 30.000 para Barreiros destinados ao acondicionamento do espazo do mercado semanal

·Foz: 27.323 euros para a dinamización comercial do entorno da praia da Rapadoira

·Lourenzá: 22.498 euros ara a adecuación da nave multiusos no recinto feiral

·Cervo: 15.000 euros para a sinalización das zonas comerciais de San Ciprián

COMPROMISO CO COMERCIO DE PROXIMIDADE

Balseiro sinala que o Goberno galego confirma o seu compromiso de apoio e dinamización ás iniciativas que as entidades locais desenvolven en beneficio do comercio de proximidade e da mellora das rúas comerciais. Lembra tamén que este tipo de comercio é esencial como elemento vertebrador das vilas e cidades galegas e constitúe un sector de relevancia para a reactivación económica e do emprego.

Cómpre salientar que esta convocatoria de axudas autonómicas veu incrementado preto dun 10% o seu orzamento anual, en consideración a ampla tipoloxía de actuacións que os concellos podían propoñer para recibir o financiamento da Xunta, entre outras, a adecuación e modernización dos equipamentos comerciais públicos, a revitalización do comercio de proximidade con melloras urbanísticas e a potenciación dunha rede galega de mercados de abastos excelentes.