Pedrafita, 19 de febreiro de 2013.- Logo de saír publicadas no Diario Oficial de Galicia de hoxe as axudas aos Concellos para revitalizar o comercio de proximidade e potenciación dunha rede galega de mercados de abastos, o voceiro do PP en Pedrafita, José Fernández, salientou o compromiso do Goberno Galego neste eido.
“Pedrafita contará con 30.000 euros para acondicionar rúas de acceso ao mercado gandeiro”- destacou o popular, quen agradeceu á Xunta de Galicia o seu compromiso con este concello de A Montaña e destacou a importancia e necesidade desta remodelación.
Concluíu o popular reiterando que se trata dunhas axudas que destina a Consellería de Economía e Industria aos municipios para revitalizar o comercio de proximidade e potenciación dunha rede galega de mercados de abastos.