Partido Popular de Lugo

PP de Becerreá salienta os preto de 40.000 euros que destina o executivo galego ao acondicionamento do paseo de Aldara

Becerreá, 19 de febreiro de 2013.- Esta mañá sairon publicadas no DOG as axudas aos Concellos da nosa comunidade para revitalizar o comercio de proximidade e potenciar unha rede galega de mercados de abastos.

Sendo coñecedores de que Becerreá é un dos Concellos beneficiados por estas axudas, a voceira do PP neste municipio, María Jesús Roldán, agradeceu o compromiso da Xunta de Galicia co Concello no que atinxe a esta materia.

María Jesús Roldán destacou que o Goberno Galego, concretamente a Consellería de Economía e Industria, destina a este Concello da Montaña preto de 40.000 euros para acondicionar o paseo de Aldara.

“Concretamente son 33.738,69 euros os que destina o departamento de Francisco Conde ao noso municipio”- salientou Roldán quen concluíu destacando a necesidade e importancia desta remodelación.