Partido Popular de Lugo

O Grupo Municipal Popular denuncia que “as contas non cadran” ante a mala organización das actividades promovidas polo Concello do Valadouro

O Valadouro, 19 febreiro de 2014.- O presidente e voceiro do Partido Popular do Valadouro, Jose Manuel Lamela, denunciou hoxe que “as contas non cadran” na organización de varias actividades promovidas polo Concello do Valadouro. Sinalan en concreto a organización da Festa da Troita e a Gala de Fin de Ano en beneficio do Banco de Alimentos.

Os populares alertan que estamos ante novos exemplos da desastrosa xestión do actual Equipo de goberno municipal e nese senso sinalan que en ambos casos aconteceron “erros de organización” que acaban prexudicando economicamente ao Concello –que se ve obrigado ao pago de facturas- ou ao propio Banco de Alimentos, que recibe unha cantidade moito inferior á recadada.

FESTA DA TROITA

Lamela explica que tivo a oportunidade –pon fin– de comprobar o balance de ingresos e gastos da Festa da Troita proporcionado por escrito logo de reiteradas solicitudes ante Concello, e de observar que os ingresos non se corresponden coas declaracións efectuadas nos medios de comunicación, citando fontes da área municipal de Cultura.

“Se nos fixo crer que se venderon só a  media mañá 400 racións a prezo de 4 euros o que tería suposto uns ingresos de 1.600 euros pero a realidade é que foron algo máis da metade, 282 tickets e na totalidade do día” –dixo Lamela- “Polo que o resultado final, é unha perda superior aos 2.600 euros a soportar con cargo ás arcas municipais, que pagou máis de 3.783 euros en distintas facturas”

Os populares lamentan a falta de xestión e improvisación coa que se actúa desde o Concello que desaproveitou unha cita que podería ter repercutido moito máis positivamente entre os veciños e hostaleiros e dixo que incluso a día de hoxe o Equipo de Goberno non foi quen de aclarar a legalidade do procedemento empregado para a venda directa das racións a través dunha carpa instalada no parque Concepción Arenal 

BANCO DE ALIMENTOS

Por outra banda explicou que o pasado 31 de decembro o Concello promoveu un baile de Fin de Ano no matadoiro de Ferreira cuxos beneficios estaban previsto destinar a adquirir produtos para o Banco de Alimentos, obxectivo que aplauden desde o Partido Popular.

Dáse a circunstancia de que a pesar de que grazas aos asistentes ao evento a recadación superou os 1.294 euros, só un terzo desa cantidade, 394 euros, chegaron ao Banco de Alimentos. Isto foi así tras descontar da recadación inicial un gastos por valor de 900 euros. O gasto foi aínda superior xa que logo o Concello do Valadouro tivo que asumir facturas, derivadas da organización do evento por valor de 3.586,44 euros.

Os populares din que moitos veciños se sentiron enganados tras coñecer o destino de gran parte da recadación e lamentan que non houbera un apoio maior a unha entidade das características do Banco de Alimentos.

FRACASOS ORGANIZATIVOS

En resume, dous exemplos de “fracaso organizativo” que van en detrimento do fin de dinamización comercial ou apoio benéfico que se pretendía, en cada unha delas, e consecuencias da mala organización e incapacidade de planificación do Goberno local e, en particular, da área de Cultura e de Benestar, responsable directa deste evento.