Pol, 18 de febreiro de 2014.- A presidenta e voceira do PP de Pol, María Ángeles Lenza, urxíu hoxe ao rexedor socialista, a que responda inmediatamente á pregunta dos populares, quenes o día 31 de decembro quixeron informarse de cómo se atopaban as contas do Concello e ata o momento ningunha novidade tiveron ao respecto.
“Fai casi dous meses que formulamos esta pregunta e a día de hoxe non obtivemos resposta”- denunciou María Ángeles Lenza, quen manifestou que ante unha cuestión desta índole, a calma e a tranquilidade non se poden tolerar.
A popular urxíu ao rexedor a que informe, por escrito e inmediatamente, da contabilidade do Concello posto que todo apunta a que o rexedor agocha algo.
“Quen nada ten que agochar, fala claramente e responde”- manifestou a popular, quen dixo que esta mudez e esta ocultación fan que as sospeitas se incrementen.
Ángeles Lenza lembra que no último pleno, aprobouse, co voto en contra do PP, unhas facturas por importe de 249.832,76€, con reparos do servizo de intervención e urxiron ao rexedor a explicar esas trabas, a dar conta das razóns polas que esas facturas non teñen un respaldo orzamentario.
Conclúe a popular manifestando que cando o Partido Popular se foi do Goberno, deixou un Concello coas contas saneadas e cartos suficientes (160.000 euros aproximadamente), unha situación nada acorde coa de hoxe en día.