Mondoñedo, 18 de febreiro de 2014.- O Partido Popular de Mondoñedo vén de dirixir un escrito ao alcalde da localidade, Orlando González, para que de xeito inmediato o nacionalista emprenda as xestións oportunas coa Deputación de Lugo para que na maior brevidade posible a administración provincial proceda ao saneamento e estabilización dun barranco derrubado na estrada LU-P-3104.
A estrada LU-P-3104, de titularidade provincial, que comunica os Picos con Mondoñedo, sufriu preto do lugar de Formigueiro un desprendemento de terras e rochas nunha das súas marxes, que presenta un especial risco para a circulación.
Os populares reproban que nin o alcalde, nin a Deputación de Lugo dende fai máis dun ano que se deu este derrubamento, -segundo trasladan os veciños ao PP-, non acometesen as actuacións oportunas e se decantasen por “practicar a pasividade”.
Dende o Partido Popular de Mondoñedo explican que os materiais desprendidos se atopan xusto a saída dunha curva pronunciada, o que incrementa o risco para os condutores. Un feito que se une a que a tipoloxía desta estrada provincial é especialmente estreita.
Rogo na Deputación
O Grupo Provincial do Partido Popular tamén rexistrou un rogo na Deputación de Lugo no que urxe á administración lucense a que, como responsable da vía, realice os acometidos necesarios que permitan tanto a limpeza da calzada, como o saneamento e estabilización do lateral derribado.