Partido Popular de Lugo

O PPDEG LAMENTA A “POLITIZACIÓN INTERESADA” DA OPOSICIÓN AO RESPECTO DE ALIMENTOS LÁCTEOS

Santiago, 14 de febreiro  de 2013.- A voceira de Medio Rural do PPdeG, Isabel García Pacín, lamentou hoxe no Parlamento a “politización interesada” da oposición ao respecto do proxecto de  Alimentos Lácteos  e apelou a súa responsabilidade  xa que “o único que fixeron foi intentar boicotealo dende o primeiro momento e  só utilizaron os cartóns de leite no escano cando se presentaron dificultades graves coa intención de  denostar o traballo de xestión da cooperativa”.

García Pacín afirmou “rotunda e claramente” que “o único que fixo a Xunta e os gobernos do PP foi apoiar de xeito decidido iniciativas empresariais e neste proceso en concreto apoiar económica e técnicamente un proxecto baseado no cooperativismo galego que afectaba a 700 produtores de distintos concellos, con distinta cor política”.

“Non se pode politizar o proceso xa que a única responsabilidade foi a de intentar sacar adiante un proxecto cun plan de negocio e financeiro viable e é necesario deixar actuar a xustiza nun proceso aínda aberto sen manipular e entrar en apreciacións que rozan a demagoxia rastreira” indicou García Pacín referíndose a unha iniciativa do BNG debatida no Parlamento.

Neste sentido, lamentou que a voceira do BNG “utilice a demagoxia afirmando que a Xunta é responsable da situación de dumping dunha cadena de distribución catalana xa que o próximo que dirá e que os gobernos do PP son os culpables de que chova ou de que faga vento” indicou a voceira popular.