Partido Popular de Lugo

Os populares de O Incio lembran ao PSOE que só os Gobernos do PP investiron preto de 5 millóns de euros na “notoria mellora” da estrada LU-641

O Incio, 12 de febreiro de 2014.- Os populares de O Incio saíron ao paso en relación coa recente visita realizada “ao límite” do concello, a través da estrada LU-641 por deputados do PSOE acompañados pola Alcaldesa, Laura Celeiro.

Os populares lembran que só Gobernos do Partido Popular investiron na “notoria mellora” desta estrada, e de feito explicaron que, nos últimos anos executáronse os seguintes investimentos cos importes que de seguido detallaron:

·Primeira fase da travesía no Val do Mao: 344.774,71 €

·Segunda fase da travesía no Val do Mao: 457.143,15 €

·Acondicionamento e mellora de trazado entre Val do Mao e A Cruz do Incio: 4.051.421,89 €

Total de inversión nas obras executadas: 4.853.339,75 €

Polo exposto parece meridianamente claro que a Xunta de Galicia ten sobradamente demostrado o seu compromiso coa transformación desta estrada desde moito antes da visita dos deputados do PSOE, partido que cando gobernou a Xunta non solo ignorou a necesidade que agora formulan senón que paralizou durante catro anos o proxecto da Segunda Fase da Travesía do Val do Mao, afortunadamente hoxe executado. (Véxase DOG nº152, do 9 do agosto de 2005)

En segundo lugar, desde o Partido Popular queren deixar claro que existe un proxecto construtivo redactado para o último treito pendente, (dende o PK 0 ao PK 6,540) por un importe de 1.958.087,48 euros, neste momento en tramitación e coas expropiacións executadas

EMENDA

En relación coa emenda que o PSOE rexistrou aos orzamentos da Xunta de Galicia, para os populares resulta evidente o intento de terxiversar a verdade dado que o exalcalde de O Incio, hoxe deputado, -aclaran- non forma parte da Comisión de Orzamentos na que se tratou esta emenda polo que dificilmente puido tela votado.

Ademais, a mesma, estaba incluída nun lote no que se presentaba unha relación de 105 propostas (da número 108 á número 213) entre as que se incluían obras tan diferenciadas como a dotación de metros lixeiros nas cidades da Coruña, Vigo e Santiago.

CASONA EN A CRUZ DO INCIO

Desde o PP, lamentaron que a Alcaldesa de O Incio manifestase interese solo por mostrarlle aos ilustres visitantes ese tramo de obra pendente e non decidiran manifestarse, por exemplo, diante da Casona da Cruz do Incio, que se atopa nun estado ruinoso e é propiedade da Deputación de Lugo, xa que xunto aos deputados autonómicos entre os visitantes tamén figuraba unha deputada provincial do PSOE.

Ademais os populares consideraron que a Alcaldesa perdeu unha boa oportunidade de mostrarlle aos deputados socialistas as obras xa rematadas, tanto na propia estrada LU-641, como nas LU-642, LU-643 e LU-644 que totalizan 24,2 Km e que sen dúbida, unha vez rematados, o outro tramo pendente quedará configurada unha importante arteria central de comunicación para o concello de O Incio.

Os populares rematan insistindo en que ademais, é xusto recoñecer que tanto as obras executadas como o treito pendente, foron propostas e alentadas polos distintos Gobernos municipais do Partido Popular de O Incio.

“Igualmente sentimos que os deputados socialistas, non puideran contemplar, por exemplo, o avanzado estado da construción de SETE VIVENDAS e un LOCAL SOCIAL de Protección Oficial e Promoción Pública, que a Xunta de Galicia está realizando en A Cruz do Incio por un importe de 937.469, 79 euros.”