Partido Popular de Lugo

López Penabad denuncia o lamentable estado do moi utilizado aparcadoiro da Avenida Rosalía de Castro

Ribadeo, 12 de febreiro de 2014. O presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, denunciou esta mañá, o lamentable estado no que se atopa o moi utilizado aparcadoiro público da Avenida Rosalía de Castro.

“O aparcadoiro, cedido por unha empresa ao Concello para uso dos ribadenses e visitantes, atópase nun estado peor que lamentable”- denunciou o popular, quen fixo fincapé sobre todo na entrada á instalación, onde hai unhas fochancas de tales dimensións que semellan ser lagoas.

O presidente do PP de Ribadeo engadiu que o mantemento dese aparcadoiro é responsabilidade do Concello polo que urxíu a Suárez Barcia a arranxar inmediatamente esta instalación para poder entrar de forma digna.

“Hai que emendar esa gran deficiencia que encontramos nun aparcadoiro que é moi utilizado porque está moi céntrico”- manifestou López Penabad, quen engadíu que cada día que un pasa por alí, percíbense vehículos e o lugar atópase nun estado lamentable.

ENTORNO DO COLEXIO DAS MONXAS

Jesús López Penabad lembrou que fai uns días, os populares denunciaron o mal estado da zona que está arredor do colexio das monxas e lamentou que o rexedor continúe a facer oídos xordos.

“O tempo non acompaña para poder realizar estes arranxos pero dicían que nos despachos se facían tres montóns de papeis: un para os que non tiñan solución, outro para os que había que revisar e un terceiro para amontoar os que se solucionaban solos”- explicou López Penabad, quen engadíu que este asunto das fochancas non pode ir para ese último montón, porque están a aumentar e como continuamos con choivas, cada día, están nunha situación máis deficiente e lamentable.

“Posto que a tónica de Suárez Barcia é esquecerse dos problemas cos que nos encontramos todos os días e crerse o centro do universo saíndo de Ribadeo mentres temos o municipio como o temos, ínstoo a tomar cartas no asunto e a que revise a localidade”- concluíu López Penabad, quen denunciou que o estado deste aparcamento é un caso que pode ver todo o mundo e que necesita un arranxo rápido e eficiente.