Partido Popular de Lugo

BALSEIRO PON EN VALOR OS PRETO DE 110.000 EUROS QUE RECIBIRÁN AS CONFRARÍAS DA MARIÑA LUCENSE PARA IMPULSAR INICIATIVAS DE XESTIÓN E CONSERVACIÓN DOS RECURSOS MARIÑOS

Santiago, 6 de febreiro de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro quixo poñer en valor os preto de 110.000 euros que recibirán da Consellería do Medio Rural e do Mar as confrarías de pescadores da Mariña lucense para impulsar distintas iniciativas de xestión e conservación dos recursos mariños.

O parlamentario popular sinalou que estas son axudas que se corresponden coa anualidade 2013-2014 e que a Xunta outorga periodicamente ao obxecto de mellorar as condicións de vida e traballo dos profesionais do sector pesqueiro e marisqueiro.

Entre os beneficiarios están as seguintes confrarías:

Solicitante

 

Proxecto

 

Total concedido

 

Confraría de Pescadores de Burela

 

Conservación

 

14.520

 

Confraría de Pescadores do Vicedo

 

Xestión

 

22.800

 

Confraría de Pescadores do Vicedo

 

Conservación

 

14.520

 

Confraría de Pescadores de San Ciprián

 

Conservación

 

14.520

 

Confraría de Pescadores de Ribadeo

 

Conservación

 

29.040

 

Confraría de Pescadores de Celeiro

 

Conservación

 

14.520

 

 

 

109.920€

 

 

PARTICIPACIÓN DO SECTOR

Balseiro explicou que os apoios recibidos están en función dos proxectos redactados e que presenta cada confraría e, neste senso, sinala a importancia que o Goberno galego dá á colaboración e á participación dos distintos pósitos na xestión dos intereses pesqueiros e na configuración da estratexia a desenvolver en cada un destes ámbitos.

VIXILANCIA E ASISTENCIAS TÉCNICAS

“Con estas axudas o Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo busca promover a posta en marcha medidas encamiñadas mellorar a xestión ou conservación dos recursos mariños”- indicou o portavoz do Mar dos populares galegos.

En concreto, os proxectos subvencionados van enfocados a dous grandes grupos:  ao control de acceso aos recursos (vixilancia e loita contra o furtivismo) e a distintas asistencias técnicas (contratación de biólogos, acondicionamento e rexeneración dos bancos marisqueiros ou para potenciar a comercialización dos produtos pesqueiros).

Segundo o deputado os datos achegados “demostran a implicación da Consellería coas confrarías da provincia de Lugo” e, sobre todo, que desde a Xunta se está a realizar unha grande  aposta por este sector que é vital para a nosa provincia, “xa que estamos a falar das confrarías de pescadores e mariscadoras, importantes motores económicos das localidades nas que se asenta”.