Partido Popular de Lugo

O Valedor do Pobo admite a trámite as queixas do PP de Rábade polas actitudes inconstitucionais do alcalde

Rábade 5 de febreiro de 2013.- A presidenta e voceira do PP de Rábade, María Luisa Macía, informou, esta mañá, que o Valedor do Pobo admitíu a trámite as queixas, que no pasado mes de decembro, a súa agrupación interpuxo polas actitudes inconstitucionais de Fernández Montes.

“No mes de decembro, solicitamos a intervención do Valedor do Pobo por dous motivos: 1) polos criterios establecidos polo rexedor á hora de acceder ao rexistro, quen dun tempo a esta parte, estableceu uns criterios para a consulta dos libros de rexistro de entrada e saída que entorpece o noso traballo, limitándoo a unha vez ao ano e 2) porque o alcalde transformou as nosas mocións a rogos”- lembrou. 

RÁBADE, UN CONCELLO EXCEPCIONAL DEBIDO AS ACTITUDES INCONSTITUCIONAIS DO ALCALDE

A voceira popular manifestou que as circunstancias impostas por Fernández Montes converteron a Rábade nun concello excepcional posto que non existe outro municipio no que non se permita a participación da oposición a través de mocións desatendidas nos plenos nin se obstaculiza a consulta periódica no rexistro.

Neste senso lembrou a popular que as resolucións da alcaldía, limitando o acceso aos libros de rexistro entradas e saídas, carecen de fundamento xurídico, polo que vulneran artigos da constitución posto que estos permiten a participación cidadá a través dos seus representantes e ao tratarse dun dereito fundamental entra dentro do ámbito das competencias desa Institución.

Por outra banda, María Luisa Macía insistíu en que a transformación de mocións a rogos,  impedíu a votación de mocións dos populares dun interese xeral que formaban parte da Orde do día, e que o rexedor suspendeu os dereitos dos edís da oposición, infrixindo os seus dereitos fundamentais, de participar con voz e voto nas sesións do Pleno.