Partido Popular de Lugo

Os deputados nacionais por Lugo informaron das obras de reparación que ten previsto desenvolver o Ministerio de Interior en cuarteis da provincia

Lugo 4 de febreiro de 2014.- Os deputados nacionais por Lugo deron conta, esta mañá, das obras de mellora que o Ministerio do Interior ten previsto levar a cabo ao longo deste ano 2014 en sendos cuarteis da Garda Civil da provincia.

Neste senso, Joaquín García Díez, Jaime de Olano e Olga Iglesias mostraron o compromiso do Goberno central coa provincia lucense e anunciaron as obras de mellora que prevé acometer en dez cuarteis, uns reparos que custarán 437.000,00 euros.

CUARTEIS QUE SERÁN REPARADOS

Ámbolos tres deputados manifestaron que entre os cuarteis beneficiados atópanse: o de Cospeito, onde se ten previsto mellorar a primeira planta do edificio destinado ao acuartelamento, que suporá un custe de 59.000 euros; o de Lugo cidade, no que se levará a cabo un pintado exterior e que terá un custe de 58.000.00 euros; o de Burela, no que se prevé reparar o tellado do bloque I, un traballo que custará 50.000 euros; ou o de Viveiro onde se repararán tres pabellóns para o SMP e que custará 35.000 euros.