Cervantes, 3 de febreiro de 2014.- O voceiro do PP en Cervantes, José López, denunciou esta mañá o mal estado nun punto da estrada provincial LU-P 1408 debido a un desprendemento e o total pasotismo por parte da Deputación de Lugo ante esta problemática.
O popular manifestou que fai máis dunha semana, producíuse, por mor do mal tempo, un alude nun punto deste vial provincial que transcorre dende o lugar de Fonquente a Noceda o que está a causar grandes riscos para todos aqueles que circulan por esta vía.
Critica José López Fernández que esta situación leva así dende fai máis dunha semana e o perigo incentívase posto que dito alude atópase a continuación dunha curva moi pronunciada.
Anunciou o voceiro do PP neste Concello de Montaña que o grupo provincial popular rexistrará un rogo instando a Gómez Besteiro, como máximo responsable da vía, a que arranxe este problema inmediatamente posto que os conductores non poden expoñerse a este perigo constante nin soportar esta situación.