A portavoz do Grupo Municipal Popular de Becerreá, Maria Jesús Roldán, quixo poñer en valor e agradecer a decisión da Xunta de proporcionar ao Concello de Becerreá unha nova motobomba que se empregará na extinción dos incendios forestais
INVESTIMENTO DE 120.000 EUROS
A Consellería do Medio Rural e do Mar puxo a disposición dos veciños deste municipio esta novo vehículo, valorado en preto de 120.000 euros, que pasará a ser propiedade municipal e que está equipado coas últimas tecnoloxías para colaborar nos operativos de emerxencia que poidan precisar do seu uso.
A XUNTA APOIA A BECERREÁ
A edil popular aplaudiu que esta vez o alcalde teña rectificado a actitude que lle levou a renunciar á brigada municipal que lle concedeu a Xunta este verano, e indicou que o fortalecemento dos servizos de loita contra os incendios sempre é esencial e máis nun termo municipal como o de Becerreá no que hai unha superficie forestal moi ampla e unha riqueza natural moi relevante.
Maria Jesús Roldan subliña os apoios da Xunta aos veciños de Becerreá e indicou que unha vez máis os feitos veñen a desmentir o repetido argumento do alcalde que sempre se queixa da falta de apoio da administración autonómica, algo que, non responde á realidade, como pode verse hoxe con esta nova achega.
A IMPORTANCIA DA COLABORACIÓN INSTITUCIONAL
A edil popular salientou a importancia da colaboración institucional entre as diferentes administracións na loita contra un inimigo común: os incendios forestais e considerou moi positiva a estratexia do Goberno galego que confía no compromiso e a capacidade dos concellos, como administración máis pegada ao terreo, para a xestión de medios humanos e materiais na loita contra os lumes, uns medios que están integrados no dispositivo conxunto que se coordina baixo o mando único da Xunta.