O deputado do Grupo Parlamentario Popular e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, quixo poñer en valor hoxe os apoios que a Xunta de Galicia da ás escolas de música de cinco concellos da Mariña lucense.
O parlamentario mariñán sinala o recoñecemento do Goberno galego aos esforzos que están a facer estas administracións locais que veñen desenvolvendo unha importante labor coa iniciativa de creación e sostemento de centros públicos que impartes as ensinanzas de música.
Concello
|
Escola de música
|
Importe
|
Burela
|
Escola M. de Música de Burela
|
1.661,72 €
|
Foz
|
Escola M. de Música de Foz
|
1.703,71 €
|
Pontenova, A
|
Escola M. de Música da Pontenova
|
1.292,24 €
|
Ribadeo
|
Escola M. de Música e Danza de Ribadeo
|
3.313,25 €
|
Xove
|
Escola M. de Música de Xove
|
1.015,93 €
|
Total
|
8.986,85 €
|
CRITERIOS OBXECTIVOS
Balseiro lembra que a resolución destas axudas, que responden a unha solicitude previa dos concellos beneficiarios, son de distinta contía en función da valoración de criterios obxectivos tales como: o número do alumnado matriculado, o número de especialidades instrumentais impartidas, o número do profesorado e tempo de dedicación, as dimensións das instalacións e o volume do orzamento dos centros.
Salienta finalmente o deputado que o Goberno galego ten identificado unha notable demanda das ensinanzas de música e por iso estableceu esta convocatoria de axudas para dar a posibilidade de cursar estas ensinanzas e realizar unha formación non regrada nestas escolas.