Partido Popular de Lugo

Ángeles Lenza: “os veciños de Pol non merecen un alcalde que, ademais de incompetente, actúa baixo a soberbia e a prepotencia”

Pol, 30 de xaneiro de 2013.- A presidenta e voceira do PP de Pol, María Ángeles Lenza, puxo de manifesto que os veciños deste municipio non merecen un rexedor que ademáis de ser un incompetente, actúa con total soberbia e prepotencia.

SOBERBIA E PREPOTENCIA

Refírese, nesta ocasión, Lenza López, á actitude que Lino Rodríguez mantivo na sesión plenaria municipal desta mañá, convocada de carácter extraordinaria e urxente,  onde o rexedor desprezou as quendas de palabra dos populares e as súas peticións para que explicase os asuntos a tratar.

En dita sesión, os populares votaron en contra da aprobación dunha serie de facturas, por importe de 249.832,76€, que se sometían a pleno e que teñen reparos do servizo de intervención e urxiron ao rexedor a explicar eses reparos, a dar conta das razóns polas que esas facturas non teñen un respaldo orzamentario.

UN REXEDOR INCOMPETENTE E DESPREOCUPADO DA LUGAR A UN CONCELLO DETERIORADO

A presidenta e voceira popular lamentou que o alcalde está situando ao Concello de Pol, tanto no ámbito político coma no económico, nun estado de total deterioro, afectado por un grave endebedamento, e denunciou as represalias do rexedor ante as denuncias do PP sobre o mal estado das instalacións do Punto de Atención Infantil (PAI).

“Segundo informacións que nos comunican, o rexedor chegou a ameazar co peche das instalacións”- criticou a popular, quen instou ao alcalde a convocar a tódolos pais e nais e acometer as obras con urxencia que esas instalacións precisan.

“Non entendemos como o Concello pode estar malgastando diñeiro nalgunhas cuestións supérfluas e non no arranxo e mellora dun servizo esencial como é esta gardaría”- afirmou.

Concluíu a popular denunciando que existen cartos para remodelar despachos no concello e para pulpadas na horna de Gómez Besteiro pero non hai para arranxar os desperfectos dunha infraestructura básica e necesaria como é o PAI.