Partido Popular de Lugo

Besteiro négase a decirlle aos lucenses canto diñeiro público destinou ao pago de comidas a sindicalistas de UXT

Lugo 28 de xaneiro de 2014.- Logo da sesión plenaria provincial, que tivo lugar esta mañá, o Grupo Provincial Popular lamenta a negativa por parte do Señor Gómez Besteiro de dar conta aos lucenses sobre a cantidades económicas que destinou ao pago de comidas a sindicalistas de UXT.

Nun pleno, marcado polo nerviosismo do Señor Besteiro, quen en todo momento estivo pendiente do seu ipad e preocupado polo que está a acontecer en Ourense e Ferrol, os populares criticaron que o máximo responsable da Deputación de Lugo, non contestase a pregunta popular, sobre o pago de comidas, con cartos públicos, a sindicalistas de UXT, e derivase a resposta no seu voceiro, Manuel Martínez.

Os populares critican que nin Besteiro nin Martínez responderon á pregunta popular posto que o primeiro derivou a resposta no segundo e este segundo evadíu contestar, non dando conta dunha cantidade exacta.

O PP sospeita do afán de Besteiro por sumar simpatías e levarse ben con UXT, tendo en conta a celebración do congreso do PSdeG e aclara que os cartos destinados polo presidente da Deputación a UXT, non eran destinados a organización do congreso, senón ao pago de comidas e enchentas a estes sindicalistas afíns.

Asemade, os populares tamén criticaron que o Señor Besteiro se negase a responder a segunda pregunta popular, sobre a cantidade económica que destinou a Deputación de Lugo durante as anualidades 2011, 2012 e 2013, en concepto de axudas a Asociación Banco de Alimentos de Lugo.