Partido Popular de Lugo

O PP pedirá a Besteiro que deseñe un plan para poñer en valor o patrimonio da Deputación de Lugo

Lugo, 27 de setembro de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular, pedirá, na sesión plenaria provincial, que terá lugar mañá martes, o deseño dun plan para poñer en valor o patrimonio da Deputación de Lugo.

A través dunha moción, os populares instarán ao Ente Provincial a que deseñe un plan de posta en valor do patrimonio da Deputación, de xeito que a reactivación destes inmobles permitan xerar riqueza nas localizacións onde se asentan e, sendo conscientes da actual situación económica, propoñen que este plan se rexa por criterios de prioridade, planificando as actuacións en función do grao de repercusión que poden ter sobre a dinamización da zona.

Afirman os populares que parte deste patrimonio, tal como o complexo de Augasmestas en Quiroga e o do Mirador de Mondoñedo, atópanse en estado lamentable, unha situación de total deterioro, que se incrementou ao longo destes anos co goberno bipartito ao fronte da Deputación de Lugo.

Di o PP, que a  maiores, existen outros inmobles restaurados, como é por exemplo, o caso da antiga reitoral do Mosteiro de San Facundo, en Paralela, que en cuxa posta en valor investiron diferentes administracións e sin embargo, Besteiro e Veiga, non lograron sacar adiante ningún proxecto para a súa dinamización.

Manifesta o GPP que sendo a Deputación de Lugo, a responsable directa dos inmobles, é da súa competencia o deseño dunha folla de ruta que permita a posta en valor deste patrimonio, establecendo uns criterios de prioridade e, polo tanto, unha planificación na actuación e deste xeito priorizar os investimentos naqueles que podan xerar unha repercusión maior no lugar onde se asentan.

Conclúen os populares lembrando que se interesaron en determinadas ocasións en pleno por estas infraestruturas, sen obter unha resposta fructífera, polo que,  co único obxecto de velar pola salvagarda do patrimonio provincial que está a infravalorar Gómez Besteiro, ata o punto de que a situación que presentan algúns dos inmobles pode chegar a poñer en risco a seguridade dos cidadáns, presentan esta moción.