Partido Popular de Lugo

BALSEIRO: “A MARIÑA É PROTAGONISTA DESTACADA DO NOVO IMPULSO QUE O GOBERNO GALEGO QUERE DAR AO SECTOR EÓLICO”

Santiago, 24 de xaneiro de 2014.- O deputado do Grupo Popular e secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro, quixo valorar moi positivamente o feito de que A Mariña lucense sexa protagonista destacada do novo impulso que o Goberno galego quere dar ao sector eólico.

Neste senso lembrou que no día de onte o Consello da Xunta, tal e como explicaba o Presidente Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior, autorizada os tres primeiros parques asociados ao concurso eólico, e dous deles estarán situados na Mariña lucense:

MONDIGO E FARO

O maior será é parque eólico Mondigo, con quince aeroxeradores que estarán emprazados fundamentalmente en Trabada, e outra parte nos municipios de Barreiros e Ribadeo. O outro autorizado na Mariña é o parque eólico Faro, no Vicedo.

“Falamos de dous parques que só nesta comarca poderían dar servizo a uns 40.000 fogares, segundo as primeiras estimacións” –dixo Balseiro.

A Xunta puxo en marcha novos apoios normativos e económicos tras constatar que a pesar da caída das primas hai un renovado interese nas empresas por desenvolver proxectos pendentes.

Con todo, o aspecto máis salientable para o deputado popular son os beneficios que traerán estes novos emprazamentos e, nesa liña Balseiro lembrou que “a construción destes parques reportará importantes ingresos para os concellos e beneficios para os seus veciños grazas ao canon eólico que anualmente se recadará”.

Balseiro amosou o seu total apoio aos plans do Goberno galego e lembrou que a enerxía, “e moi especialmente, a enerxía eólica debe recuperarse como un motor que ten unha relación directa coa riqueza en Galicia, cunha aposta de maior respecto ambiental e co emprego”.