Partido Popular de Lugo

Os lucenses temos un presidente da Deputación que discrimina aos parados e invita a comer aos sindicalistas

Lugo, 17 de xaneiro de 2013.- De confirmarse que o secretario xeral do PSdeG e presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, invitou a comer a preto de 300 sindicalistas da UXT, con cartos públicos, os lucenses teñen un presidente da Deputación que discrimina aos parados e invita a comer aos sindicalistas.

En dous decretos, con datas, 19 de decembro e 30 de decembro, ambos do ano 2013, Gómez Besteiro autorizou o pago dunha factura dun congreso da UXT na capital lucense, por importe de 3.588 euros, e o abono doutra factura por importe de 3.750 euros por un congreso da UXT na Costa. Ámbalas dúas facturas suman un total de 7.338,97 euros.

Din os populares que si o sindicato fai un congreso e ten ese gasto teno que asumilo e deste xeito o Grupo Provincial do Partido Popular pedirá explicacións a Gómez Besteiro na vindeira sesión plenaria.

Os populares din que esta actitude non se pode permitir e non debería ser común que a Deputación de Lugo asuma directamente gastos nos que incorreu este sindicato, máis aínda, cando parece, que son facturas unicamente de xantares

Un gasto non prioritario

A situación económica que atravesa España obriga aos dirixentes públicos a establecer unha rigorosa prioridade no gasto; dito isto, dende o GPP entendemos que este gasto non é prioritario e non podemos analizar este feito de maneira aillada á situación económica deste país. Neste momento, e tendo en conta as persoas que se atopan en situación de desemprego, este gasto parécenos inmoral.

Deste xeito, os populares contrapoñen que Gómez Besteiro cree un plan de emprego que non permite participar na selección a 9 de cada 10 lucenses e deixa fóra a 55 dos 67 concellos da provincia; mentres paga comidas cuxo gasto o PP non considera prioritario.