Partido Popular de Lugo

Roldán: “a través do Plan de Cooperación, a Xunta investíu en Becerreá, preto de 400 mil euros en axudas para a contratación de desempregados”

Becerreá, 10 de xaneiro de 2014. A voceira do PP en Becerreá, María Jesús Roldán, destacou, esta mañá, que a Xunta de Galicia, a través do Plan de Cooperación, investíu nos últimos tres anos, en Becerreá, preto de 400 mil euros en axudas para contratar persoas en situación de desemprego.

“Desde o 2011, Becerreá está a recibir da Administración Autonómica 333.944,71 euros en axudas para a contratación de desempregados a través do Plan de Cooperación”- destacou a popular, quen agradeceu ao Goberno Galego, esta axuda en apoio dos desempregados do concello.

Neste senso, a voceira dos populares destacou que o Plan de Cooperación sufraga a totalidade dos gastos de contratación de veciños que realizarán diversas funcións de interese social.

María Jesús Roldán criticou que o rexedor de Becerreá, Manuel Martínez se sinta discriminado pola Xunta de Galicia cando estamos a falar dun investimento importante da Administración Autonómica.

“Dende o PP lamentamos que o rexedor se adique a dar leccións pola provincia sobre como xerar emprego e a continuación acometa atropelos tan grandes como renunciar ás axudas do Executivo Galego”- manifestou Roldán quen lembrou a renuncia do rexedor para a contratación da brigada de incendios da que poderían terse beneficiado veciños desempregados.