Lugo, 10 de xaneiro de 2013.- A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Lugo, Elena Candia, anunciou hoxe en rolda de prensa, a intención da formación política á que pertence de impugnar xudicialmente as bases do Plan de emprego provincial deseñado por Besteiro, e insistiu na necesidade de que esta programa poida facerse extensible ao conxunto dos concellos da provincia.
Os populares adoptan esta decisión “por coherencia” coas denuncias efectuadas ata o de agora e coa intención de “facerse eco do malestar de moitos alcaldes e cidadáns lucenses” co deseño dunhas bases “excluíntes e discriminatorias” que, entre outros, pechan as portas para participar no proceso selectivo do Plan a nove de cada dez desempregados lucenses.
“Ata o momento estivemos á espera dunha rectificación por parte de Besteiro. Pero non quixo escoitar, nin aos concellos, nun pronunciamento histórico e maioritario sen precedentes na provincia, nin aos lucenses, que se manifestaban na defensa dos seus dereitos. É o bipartito quen coa súa terquedade e insensibilidade quen nos obriga a presentar este recurso” dixo Candia.
OS ONCE CONCELLOS BENEFICIARIOS E MOITOS MÁIS
A portavoz popular na Deputación de Lugo quixo deixar claro que eles non están en contra de que os once concellos que, aplicados os criterios establecidos nas actuais bases, puideron acceder ao Plan de emprego sigan beneficiándose do mesmo, ao contrario, o que reclamamos é que este Plan de emprego –financiado con cartos públicos- se amplíe á totalidade dos concellos da provincia.
“Queremos que Besteiro non poña obstáculos e garanta a igualdade de oportunidades no acceso a este Plan de emprego” –dixo Candia—“Pedimos que a Deputación permita participar na selección deste programa de contratacións a todos os parados da provincia e aos 67 concellos. Isto é que se manteñan os que xa están, pero tamén que seinclúan todos os que no están”.
De feito Elena Candia, sinalou que como mostra de boa vontade e para que non saian prexudicados os once concellos que na actualidade poden acollerse ao Plan de emprego da Deputación, o Grupo Popular non solicitará a suspensión da execución das actuais bases, polo que continuará adiante o Plan, aínda que si someterá o seu contido ao escrutinio xudicial.
VICIOS DE ILEGALIDADE
O Grupo Popular na Deputación de Lugo aprecia –tras un estudo xurídico das bases- que os requisitos deseñados por PSOE e BNG acumulan importantes vicios de legalidade que xustifican a impugnación das mesmas.
Así por exemplo a portavoz popular explicou que a Deputación de Lugo vulnera o principio de igualdade, “en tanto se dispensa un trato desigual entre concellos non xustificado razonablemente”, vulnera tamén o principio de razonabilidade, dada a falta de correspondencia entre os requisitos e criterios impostos nas bases e o fin perseguido. E incluso se aprecia desviación de poder “en tanto a razón desta vulneración é a de favorecer a determinados concellos identificados pola súa cor política”.
PROPOTA DE RECTIFICACIÓN
Os populares van aínda máis lonxe e adiantan, con carácter construtivo, algunhas ideas para modificar as bases actuais evitando calquera tipo de discriminación ou atropelo. Neste senso apuntan á un aumento dos fondos públicos destinados para dar soporte económico a este programa e facelo extensible ao conxunto da provincia, así como unha redución da duración dos contratos, que permitiría multiplicar o número de beneficiarios do mesmo.
MÁIS ORZAMENTO APROVEITANDO O NON EXECUTADO
En relación co primeiro dos puntos Elena Candia lembrou que, segundo rezan os informes oficiais do Servizo de Intervención, a Deputación de Lugo non ten executado na súa totalidade –como xa denunciaron en repetidas ocasións- as partidas orzamentarias destinadas a fomento do emprego. En concreto habería máis de catro millóns de euros que Besteiro non gastou, pese a ter respaldo orzamentario para facelo e que agora poderían destinarse a dar soporte económico ao novo Plan de emprego máis amplo e ambicioso, similar aos que se executan no resto das Deputacións galegas.
Por outra banda, se en vez de 15 meses de contratación, este programa se reduce, permitirá acoller a moitos beneficiarios “na confianza de que, tal e como indican as principais variables macroeconómicas a situación empece a recuperarse e, polo tanto, antes deses quince meses poidamos ver unha mellora no ámbito laboral e en materia de emprego”
DISCRIMINACIÓN INXUSTA AOS DESMPREGADOS
Os populares lamentan que Besteiro continúe dando soporte a un plan que da as costas á maioría dos concellos e veciños da provincia e esperan que a impugnación xudicial, sirva para devolver o sentido común a un Plan de emprego que, no seu actual deseño, supón unha discriminación inxusta para moitos lucenses que se atopan, por desgraza, en situación de desemprego.