Partido Popular de Lugo

O plan de emprego de Besteiro só permitirá a contratación de 10 dos 1.775 parados da comarca de Sarria

Lugo,  07 de xaneiro de 2013.- A aprobación da resolución do plan de emprego do Señor Besteiro en Xunta de Goberno, vén a confirmar as denuncias do Grupo Provincial Popular.

“O plan de emprego de Gómez Besteiro só permitirá a contratación de 10 dos 1.775 parados da comarca de Sarria”- denunciou a voceira dos populares na Deputación de Lugo, quen puxo de manifesto que dos sete concellos participantes tan só dous, Samos e O Incio, se beneficiarán deste plan.

“En termos porcentuais, tan só o 0,56% dos parados da comarca de Sarria será contratado a través deste plan”- denunciou Elena Candia, quen se pregunta se os parados dos 5 municipios restantes da comarca de Sarria teñen menos dereito que os dos outros dous concellos da provincia que si poderán optar a participar na selección dun posto de traballo.

A política de emprego de Gómez Besteiro

A política de emprego de Besteiro réxese polo “partidismo e o electoralismo” así como pola venda de “promesas que quedan en auga de borraxas”, denunciou Elena Candia,  quen engadíu que de pouco sirve que se anuncie diñeiro para políticas de emprego cando se vamos á realidade constátase que non se gasta.

A voceira dos populares no Organismo Provincial baseou estas declaracións en datos como que na liquidación do terceiro trimestre, na partida de fomento do emprego,- non se contan con datos do último trimestre- o executado era só dun 4,17%. Unha situación que se volvía repetitiva xa que no 2012, na mesma partida quedaron sen gastar máis de dous millóns de euros.