Partido Popular de Lugo

O GPP presentará unha moción de urxencia no vindeiro pleno provincial instando a Besteiro a paralizar o proceso de venta das accións do Breogán

Lugo, 28 de decembro de 2013.- Logo da celebración da Xunta Xeral Ordinaria do Breogán, que tivo lugar o pasado xoves, despois da Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, que tivo lugar onte, onde o bipartito anunciou a apertura do proceso para saír do capital social do Breogán, e unha vez vistas as informacións nos diferentes medios de comunicación de hoxe, o grupo provincial popular anuncia que “si Gómez Besteiro non rectifica, os populares, presentarán unha moción de urxencia para levar ao vindeiro pleno provincial, que terá lugar o próximo martes, onde instarán a Gómez Besteiro a paralizar o proceso de venta das accións do Breogán.

Os populares afirman que o acontecido nestos días pasados e as informacións de hoxe veñen a confirmar o que o grupo provincial popular ven alertando e anunciando dende fai tempo: “o BNG, quere acabar co Breogán”.

Neste senso e dada a gravidade do tema, o grupo provincial popular  pon de manifesto que esta situación require a creación dunha comisión de investigación, posto que o valor que tiñan as accións e o valor no que saen a poxa é moi diferente.