Partido Popular de Lugo

PP de Rábade solicita a intervención do Valedor do Pobo ante a vulneración dos dereitos constitucionais por parte de Fernández Montes

Lugo 26 de decembro de 2013.- A presidenta e voceira do PP de Rábade, María Luisa Macía, rexistrou esta mañá na Delegación Territorial da Xunta en Lugo, a intervención do Valedor do Pobo co obxetivo de que os dereitos constitucionais sexan respetados polo rexedor de Rábade.

A popular manifestou que dun tempo a esta parte, o Señor Fernández Montes, establece uns criterios para a consulta dos libros de rexistro de entrada e saída que entorpece o traballo dos populares, limitándoo a unha vez ao ano, temporalidade que non se manifesta a lexislación.

Denunciou a presidenta e voceira dos populares de Rábade, a excusa que argumenta o rexedor Independente, quen afirma que a consulta dos libros de rexistro entrada-saída, deben realizarse unha vez pechado o ano.

“Difícilmente podemos coñecer a existencia de asuntos sin que previamente se poida consultar o seu rexistro”- criticou María Luisa Macía, quen afirma que ningún dato íntimo se debería anotar nos rexistros de entrada-saídas e que se trata de coñecer, o enunciado dos documentos registrados, polo tanto, coñecer aqueles asuntos sobre os que se toman decisións, acordos ou se adopten resolucións por órganos municipais.

Manifestou Macía que as resolucións da alcaldía, limitando o acceso aos libros de rexistro entradas e saídas, carecen de fundamento xurídico, polo que vulneran artigos da constitución posto que estos permiten a participación cidadá a través dos seus representantes e ao tratarse dun dereito fundamental entra dentro do ámbito das competencias desa Institución.

UN REXEDOR QUE TRANSFORMA MOCIÓNS  A ROGOS

A presidenta e voceira popular denunciou que o rexedor de Rábade, nas sesións plenarias ordinaria e extraordinaria, do 23 de setembro e 28 de outubro, impedíu a votación de mocións dos populares, a posta en marcha dun Plan de Emprego Municipal e o apoio económico a Asociación Músico Crisanto; dúas mocións de interese xeral que formaban parte da orde do día e que o Señor Fernández Montes transformou en simples rogos.

“Entendemos que o rexedor decidíu suspender os dereitos dos concelleiros da oposición estando a infrinxir os seus dereitos fundamentais, de participar con voz e voto nas sesións do Pleno, e que esta prerrogativa implica a posibilidade de formular mocións, propostas de acordo que se sometan directamente ao coñecemento do Pleno e que éstas sexan obxeto de debate e votación”- denunciou a popular.

María Luisa Macía manifestou que o os artigos 91.4 e 97 do Regulamento da Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais regulan aos efectos do desenvolvemento das sesións e para definir o carácter das intervencións dos membros da Corporación, a posibilidade de presentar propostas en forma de Moción.

Conclúe a popular manifestando que as circunstancias impostas polo rexedor de Rábade converten a este Concello en excepcional xa que non hai outro municipio no que non se permita a participación da oposición a través de mocións desatendidas nos plenos nin se obstaculiza a consulta periódica no rexistro.