Partido Popular de Lugo

Pilar Varela: “non podemos votar a favor duns orzamentos limitados e nos que Gato pretende agochar a súa incompetencia e mala xestión”

Monterroso 18 de decembro de 2013.- Logo da sesión plenaria municipal, a voceira do PP en Monterroso, Pilar Varela, fixo unha valoración da mesma e xustificou o voto en contra dos populares aos orzamentos presentados por Antonio Gato para o ano 2014.

“Son unhas contas que non están pensadas para os veciños de Monterroso e foron presentadas baixo un ton totalmente vitimista co afán de disimular a inactividade dun goberno esgotado”- manifestou Pilar Varela, quen afirmou que o seu grupo non pode votar a favor duns orzamentos limitados e nos que Gato pretende agochar a súa incompetencia e mala xestión.

Neste senso, a popular puxo de manifiesto que a proba de que os orzamentos non están pensados para os monterrosinos, vese na falta dunha partida para as bolsa formativas dirixidas aos máis novos ou na inexistencia dun plan de emprego que facilite a inserción ao mundo laboral de persoas adultas que perden o seu emprego e que hoxe son desprezadas polo seu homólogo, o Señor Besteiro, na Deputación de Lugo.

Con respecto ao esgotamento e a inactividade de Antonio Gato, a popular citou varias probas que confirman estas declaracións, tales coma a “non residencia”, os Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) ou a estación de autobuses.

“Con respecto a “non residencia”, estamos a falar dunha infraestructura, na que o rexedor ten responsabilidade exclusiva por construír”- manifestou Pilar Varela, quen engadíu que os veciños merecen unha infraestructura digna e non ver gastados uns cartos nunhas instalacións que non cumplen as condicións.

No que aos GES se refiere, Varela comparou as labores do Goberno popular e as do Señor Gato, quen, mentras os populares, se reuniron co Goberno Galego para defender os intereses dos veciños, Gato optou por coller a pancarta. Lembrou Varela, que o GES é sufragado pola Xunta de Galicia e sen esta, non teríamos este servizo.

No que atinxe a estación de autobuses, Pilar Varela lembrou que a Administración Autonómica, concedeu varias axudas, como o plan de cooperación, e outras subvencións, para contratar técnicos e acondicionar a estación de autobuses pero o Señor Gato, excúdase en decir que non hai diñeiro para abrir os aseos destas instalacións e nembargantes pon en marcha as pistas de padel.

GATO: UN REXEDOR BIPOLAR, QUE ESTÁ EN CONTRA DO MUNDO

Pilar varela afirmou que Gato está en contra do mundo e proba disto vese en que Monterroso é o único concello do PSOE da provincia de Lugo que se amosa incapaz de acordar con outros concellos veciños a solicitude de algunhas axudas e lembrou que isto fixo que se perdese o técnico de emprego, o servizo de orientación laboral ou os obradoiros.

A popular aseverou que os ingresos previstos por Gato esgrimen aos veciños de Monterroso dunha maneira directa, xa que máis do 70% veñen dados pola suma de impostos directos, indirectos e taxas e lamentou que aproveitase a presentación das contas para seguir insitindo no seu discurso vitimista.

“Estamos ante un rexedor bipolar, posto que cos gobernos do PP, escolle o vitimismo, pero cando se trata de temas do seu partido, avergónzanse; proba desta segunda actitude vese cando se lle pregunta polas débedas da Deputación, que lle debe a este Concello máis de 50.000 euros do plan concertado das anualidades 2012-2013 ou na negativa de Besteiro de non sufragar os servizo básico de axuda no fogar; nestes temas é cando agocha a cabeza.

MOCIÓN PLAN DE EMPREGO

Denunciou Pilar Varela que Antonio Gato votase en contra da moción popular na que se instou á Deputación de Lugo a modificar as bases do plan de emprego e lamentou que non lle importe que o Señor Besteiro deixe ao seu concello fóra.

“O partido ao que pertence o señor Gato ten no seu haber a maior destrucción de postos de traballo na historia deste país”- denunciou a popular, quen ve lamentable que agora o rexedor renuncie a xerar emprego en Monterroso.

Afirmou Varela, que pola contra, Galicia, con Feijóo á fronte, pechará o ano con menos desempregados do que empezou, algo que ningún socialista pode decir.

ESCOLA INFANTIL

No que atinxe á escola infantil, os populares votaron a favor da súa creación e instaron ao rexedor a que aplique as fórmulas doutros Concellos á hora de obter axudas para o seu financiamento.