Partido Popular de Lugo

Medio cento de alcaldes e portavoces lucenses asistirán no Parlamento ao debate da iniciativa que reclama que se corrixa o Plan de emprego da Deputación de Lugo

Medio cento de alcaldes e portavoces lucenses asistirán no Parlamento ao debate da iniciativa popular na que se reclama que se corrixa o Plan de emprego da Deputación de Lugo. Deste xeito, unha importante representación dos cargos públicos locais da provincia arrouparán a petición do Grupo Popular, avalada polos plenos municipais de 43 concellos lucenses, pola que se esixe a socialistas e nacionalistas que non se exclúa de participar na selección deste plan a ningún desempregado e a ningún concello da provincia

O parlamentario popular, Jose Manuel Balseiro, intervirá como portavoz no debate sobre este plan de emprego provincial -que terá lugar previsiblemente ás 17.30 horas de mañá mércores- e avanzou que esta iniciativa trata de evitar que Besteiro roube os dereitos dos parados da provincia e poña en marcha un plan que xera desigualdade e concellos de primeira e segunda categoría, en función de que poidan ou non beneficiarse deste programa de emprego.

«Pasou o tempo de palabras ocas e terán que posicionarse se queren ou non un plan para todos ou un plan que deixa fóra a 9 de cada 10 desempregados lucenses”- dixo Balseiro quen demandará o respaldo do resto as forzas parlamentarias.