Partido Popular de Lugo

Pilar Varela: “Besteiro foi un auténtico irresponsable por acudir a un centro que non dispoñía dos permisos definitivos tanto de residencia como de vivenda comunitaria”

Monterroso 14 de decembro de 2013.- Logo de que a Xunta de Galicia confirmase tódalas denuncias que os populares de Monterroso veñen facendo dende un primeiro momento sobre a “non residencia” deste municipio, Pilar Varela tildou de “total irresponsabilidade” que o señor Besteiro acudise a unhas instalacións, nas que se organizaron unhas xornadas de portas abertas, que non dispoñían dos permisos definitivos tanto de residencia como de vivenda comunitaria.

A popular pregúntase qué pasaría se acontecera algo nas instalacións e, para que a Xunta de Galicia autorice o centro, urxíu ao rexedor a por en marcha as medidas pendentes antes do vindeiro mércores, 18 de decembro, día que os inspectores da Xunta revisarán as obras.

A popular lamentou que foi a mala xestión de Antonio Gato a que impedíu que o centro fora autorizado como residencia e lembrou que os servizos de inspección, advertíronlle, en varias ocasións, das deficiencias detectadas na obra, algo que él se negou a correxir.

Concluíu Pilar Varela agradecendo ao o Grupo Parlamentario Popular que formulara unha pregunta no tocante a este asunto, xa que permitíu aclarar o tema e lamentou que o rexedor mentíu e enganou aos veciños no tocante á residencia.