Santiago, 12 de decembro de 2013.- O director de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), Felix Rubial Bernández, ratificou esta tarde no Parlamento de Galicia a continuidade do centro de saúde situado no concello de Ribeira de Piquín (Lugo). Así o fixo en resposta a preguntas do deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, que se interesou polo futuro deste centro médico a través dunha iniciativa formulada na Comisión de Sanidade da Cámara galega.
Os populares agradeceron que o responsable do Sergas confirmara a falta de fundamento dos rumores “infundados e insidiosos” que, sobre o peche do consultorio, estaban xerando bastante inquedanza entre os veciños da localidade lucense e usuarios do centro de saúde.
CENTRO DE REFENCIA EN ATENCION PRIMARIA
Desde a Xunta teñen intención de blindar o que ata o de agora era, e tamén seguirá sendo no futuro, o centro de referencia de Atención Primaria neste concello lucense. Rubial aclarou que estas instalacións médicas van a seguir abertas e ofertando os seus servizos médicos de calidade, para unha poboación aproximada de 700 veciños.
Balseiro puxo de relevo a sensibilidade da Consellería de Sanidade cos concellos do rural e os esforzos dirixidos a manter os servizos sanitarios naquelas localidades máis pequenas que, como Ribeira de Piquín teñen ademais unha poboación dispersa e moita dela de idade avanzada.