Cervantes, 10 de decembro de 2013- O voceiro do PP en Cervantes, José López, puxo en valor o compromiso da Xunta de Galicia, concretamente da Consellería de Traballo e Benestar Social, quen concedeu unha subvención a este municipio de A Montaña, para que o Concello seleccionase e contratase persoas desempregadas.
“13.401,42 euros destinou o Goberno Galego ao concello de Cervantes para a contratación de persoal”- resaltou José López, quen manifestou que gracias ao compromiso da Xunta de Galicia creáronse dous postos de traballo de interese social para o municipio que non poderían asumirse con recursos municipais.
Lembrou o voceiro dos populares que estes dous traballadores estarán desenvolvendo funcións de servizo de recollida de residuos durante seis meses.
Concluíu o popular agradecendo a Xunta de Galicia o seu compromiso con este concello de A Montaña lucense posto que gracias a esta iniciativa xerouse emprego nun momento de gran demanda no municipio.