Partido Popular de Lugo

PP de Samos: «non nos opoñemos á contratación de 5 desempregados, rexeitamos o plan de Besteiro, que xoga cos parados”

Samos, 10 de decembro de 2013.- Logo da sesión plenaria municipal que tivo lugar no día de onte en Samos, o voceiro do PP neste concello, José Aurelio López, fixo balance do mesmo e quixo deixar moi claro que o seu partido respalda a todas aquelas Administracións e a todos aqueles Entes que apostan por xerar emprego “por e para todos” pero nunca respaldará unha iniciativa coma a da Deputación de Lugo, quen, non tivo pudor algún en desenvolver un plan de emprego discriminatorio e electoralista.

O popular quixo deixar moi claro, para que logo non se manipule nin se faga demagoxia, que o seu partido non se opón á contratación de 5 desempregados, senón que ao que se opón é a un plan provincial, que xoga cos parados e que discrimina aos concellos que non son da súa cor política.

O popular afirma que a diferencia do goberno da Deputación, que só beneficia aos concellos da súa cor, o goberno da Xunta de Galicia, trata a tódolos concellos por igual, e proba disto vese reflectida no plan de cooperación, un programa no que participaron tódolos municipios da provincia de Lugo.

No caso de Samos, José Aurelio puxo en valor os 13.500 euros que destinou o Goberno Galego, concretamente, a Consellería de Traballo e Benestar Social, para que o equipo de goberno local se encargase de seleccionar e contratar cidadáns que se atopaban en situación de desemprego.

Explicou o popular que gracias ao compromiso da Xunta de Galicia dous parados conseguiron un posto de traballo e levarán a cabo servizos personalizados de carácter cotián durante seis meses.

Concluíu o voceiro do PP en Samos afirmando que mentras a Xunta de Galicia e os Gobernos do PP desenvolven plans de emprego para todos, o Señor Besteiro e o seus socios de Goberno levan a cabo programas para uns poucos, únicamente para os concellos onde gobernan.