Pol, 10 de decembro de 2013.- A presidenta e voceira do PP de Pol, María Ángeles Lenza, urxíu esta mañá ao goberno provincial e local a botar sal nos lugares que lles compete e evitar a perigosidade e o risco ao que se someten os cidadáns por mor das xeadas presentes.
No que atinxe á Deputación de Lugo, a popular denunciou que o goberno provincial permite a acumulación de xeada nas estradas provinciais que transcorren de Rioxuán a Ribeira de Piquín, de Mosteiro a Rioxuán, de Luaces a Castroverde e de Lea a Suegos, entre outras, están repletas de xeada e o risco e a perigosidade é evidente, polo que urxíu ao Organismo a que bote sal, inmediatamente, e antes de que aconteza algunha desgracia.
No que lle compete ao goberno local, a popular denunciou o estado no que se atopa a entrada á Casa do Concello. Dixo María Ángeles Lenza, que o xeo acumulado diante da mesma é notorio e está a causar dificultades ás persoas que acuden á Casa Consistorial, ademáis de expoñerse a un gran perigo, podendo esvarar e caer.
A popular instou a ámbolos dous gobernos a que boten sal inmediatamente antes de que suceda algunha desgracia.