Partido Popular de Lugo

PP acada aprobar, con maioría, solicitarlle a Besteiro que rectifique as bases do plan que deixará fora de participar aos veciños de Rábade no plan de emprego provincial

Rábade, 10 de decembro de 2013.- O PP de Rábade acadou aprobar no pleno municipal extraordinario, con maioría, solicitarlle a Gómez Besteiro que rectifique as bases do mal chamado plan de emprego, no que non poderán participar os veciños de Rábade.

Deste xeito, Independientes por Rábade, apoiou a iniciativa dos populares e coincide en tildar o plan de emprego de caciquil, sectario, electoralista, discriminatorio e inaceptable.

Os populares reivindicaron que os veciños de Rábade teñen os mesmos dereitos que o resto dos lucenses e puntualizaron que defenden a contratación nos doce concellos pero que non aceptan que Rábade quede fora do plan.

Porén, os populares solicitaron o pleno extraordinario, que contou co apoio do Grupo Independente, o que ven a confirmar que  non é o PP o único que pide a Besteiro que rectifique, chegando a ser 42 concellos os que piden que rectifique estas bases.

Lamentan os populares que Gómez Besteiro siga na súa tónica e desoiga as 42 Coorporacións que lle esixen que rectifique e modifique as bases deste mal chamado plan de emprego.