Partido Popular de Lugo

María Luisa Macía: “a pavimentación do camiño José Pardo, no barrio da Ponte, será unha realidade gracias a Xunta de Galicia”

Rábade, 9 de decembro de 2013.- A presidenta e voceira do PP de Rábade, María Luisa Macía, resaltou a implicación reiterada que a Xunta de Galicia está a demostrar co municipio.

Esta afirmación posta de manifesto pola popular responde a achega económica da administración autonómica, quen a través da Consellería do Medio Rural, concedeu a Rábade para a mellora de camiños rurais.

“O departamento de Rosa Quintana concedeu ao Concello de Rábade preto de 21.000 euros para a realización de actuacións de ampliación, mellora e mantemento en pistas agrarias e camiños rurais”- resaltou María Luisa Macía, quen engadíu que gracias a esta axuda, a pavimentación do camiño José Pardo, no barrio da Ponte, será unha realidade.

Insiste a popular que a Consellería do Medio Rural e en concreto, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), concedeu ao municipio preto de 21.000 euros, concretamente 20.883,02 euros-, para a realización de actuacións de ampliación, mellora e mantemento en pistas agrarias e camiños rurais.

Polo tanto, os populares agradecen esta actitude activa da Xunta de Galicia co municipio, a que contrapoñen á inacción dun rexedor local demostrada na xestión de asuntos de vital importancia para o concello.

A popular manifestou que esta subvención de apoio á mellora de infraestruturas rurais do concello contribuirá a optimizar os accesos e as comunicacións a través da rede viaria de titularidade municipal e, polo tanto, contribuirá á fixación da poboación no rural e á diversificación económica

Plan de mellora de camiños

A popular explica que estas achegas realízanse con cargo ao Plan de Mellora de Camiños que promove a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), e que teñen fundamentalmente como obxectivo incentivar a modernización e reforma dos viais interiores que serven para a comunicación as zonas rurais dos distintos concellos.

Dunha maneira máis ampla, a presidenta e voceira dos populares de Rábade dixo que o goberno galego destina unha dotación de preto de 14 millóns de euros a esta actuación de mellora de camiños na comunidade, e que se inclúe dentro do obxectivo global dos plans de mellora das infraestructuras no medio rural, que persegue que a totalidade dos concellos galegos se beneficien da mellora das súas infraestructuras básicas, a través de axudas ás entidades locais e, máis concretamente, dos concellos galegos.