Navia de Suarna, 5 de decembro de 2013.- O PP de Navia de Suarna denunciou hoxe a situación de perigo e de risco que presentan as estradas provinciais do Concello debido as xeadas caídas estos días e que a Deputación de Lugo non toma as medidas necesarias e pertinentes para por solución.
Os populares califican de “aviso” o feito de que un vehículo envorcase estos días na estrada provincial que transcorre dende Navia de Suarna a Villaverde, debido a acumulación de xeada na vía, e esixen a Deputación que bote sal inmediatamente antes de que suceda unha desgracia.
Din os populares que transitar polas estradas provinciais de Navia de Suarna convertiuse en toda unha odisea e proba desto pode comprobarse no vial provincial que transcurre entre Vilor a Vallo onde a acumulación de xeada é de tal magnitude, que circular pola mesma é imposible.
Os populares califican de “inconcebible e surrealista” que o rexedor de Navia, tamén deputado provincial, permita ao seu homológo na Deputación esta situación, e non lle esixa que tome as medidas necesarias para evitar o risco e a perigosidade á que se expoñen os veciños que transcurren pola vía.