Partido Popular de Lugo

Medela pon en valor os máis de 7.000 euros que destina a Xunta ao Concello de Chantada en materia de turismo

Chantada, 4 de decembro de 2013.- O presidente local do Partido Popular, Francisco Javier Rodríguez Medela, explicou hoxe que o Concello de Chantada ten concedida unha axuda por importe de 7.362 euros.

O dirixente popular salientou o apoio do Goberno galego poñendo en valor o reforzo da oficina de turismo e lembrou que esta axuda sirve como ferramenta para colaborar na importante tarefa de dar a coñecer a Chantada como destino de referencia para os moitos visitantes que se achegaron ata a localidade.

“A axuda da Xunta garante o mantemento da calidade no servicio da información turística que se presta, de xeito que se potencia a imaxe, non só do concello como tal, senón de Galicia no seu conxunto e no exterior”- manifestou Rodríguez Medela.

O popular aclara que a subvención recibida foi outorgada pola Axencia de Turismo autonómica e está dirixida aos concellos declarados Municipios Turísticos de Galicia, entre eles ao de Chantada, que dispón desta consideración tres cumprir unha serie de requisitos como son a afluencia periódica ou estacional de turistas, o número de aloxamentos turísticos e de segundas residencias, entre outros.

Rodríguez Medela sinalou finalmente que é a primeira vez que se convocan estas subvencións en virtude da Lei do Turismo de Galicia. A norma determina unha atención preferente nas liñas e medidas de fomento económico da Xunta de Galicia para as entidades locais con este recoñecemento.