Pol, 3 de decembro de 2013.- A presidenta e voceira do PP de Pol, María Ángeles Lenza, pedíu esta mañá ao rexedor, que estableza as canles necesarias para que o seu grupo conte cunha maior facilidade á hora de acceder á documentación do Concello.
“Pasaron máis de cinco días que presentamos un escrito solicitando acceso ao rexistro pero ainda non temos resposta”- manifestou a popular, quen instou ao rexedor a que poña día, hora e lugar para poder ver a documentación.
Neste senso, María Ángeles Lenza López subliñou que os populares tamén solicitaron dous escritos, un pedindo o proxecto e a adxudicación do arranxo do tellado do casa consistorial e outro, solicitando tódalas alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
A popular afirma que está pedindo algo totalmente digno, que é o acceso á documentación, algo que o seu partido ten dereito a coñecer e o equipo de goberno, a obriga de facilitar.
Conclúe a presidenta e voceira do Pol, instando ao rexedor que dé unha resposta, inmediata, as súas peticións.