Partido Popular de Lugo

O PP repartirá un boletín informativo para que os cidadáns sexan conscientes de que o rexedor privounos da residencia

Riotorto, 3 de decembro de 2013.- O presidente do PP de Riotorto, Clemente Iglesias, anunciou esta mañá que o seu partido comenzará a repartir por todo o municipio, un boletín informativo para que os veciños sexan conscientes do dano que está a facer o rexedor no concello.

No tríptico explícase que Riotorto perdeu a residencia debido a nula e nefasta xestión do rexedor, quen, en vez de adicarse a traballar polo veciños, que son os que lles pagan e a quen se debe, adicouse a andar de orquestadas, facendo obras de teatro con temas alleos, por fóra do Concello, e desatendéndoos.

Expón o PP, que o mal chamado espíritu de Riotorto deu lugar á perda da residencia e dos conseguintes empregos que xeraría para os veciños desta localidade.

Conclúen os populares manifiestando que debido a esta desatención, os veciños de Riotorto non contarán coa necesitada e tan demandada residencia, algo que o PP considera totalmente inxusto, polo que dará conta desta inxustiza a tódolos veciños a través desta campaña informativa.