Partido Popular de Lugo

Besteiro “despreza” aos 10.620 parados da comarca de Lugo ao privalos de participar no plan de emprego da Deputación

Lugo 03 de decembro de 2013.- O plan de emprego deseñado polo bipartito da Deputación Provincial de Lugo “despreza e posterga” a un segundo plano aos desempregados da comarca de Lugo. Os socialistas e os nacionalistas privan aos 10.620 parados destes oito municipios a que participen no plan de emprego que elaboraron.

Esta situación está a provocar a indignación dos alcaldes e portavoces destes municipios, así como da voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, que veñen de denunciar, esta mañá, a través dunha rolda de prensa, esta marxinación e menosprezo cara aos desempregados do seus concellos.

Os alcaldes e portavoces do PP xunto a voceira deron a coñecer estes datos tras que lle chamara a atención que onte mesmo o  alcalde de Lugo, José López Orozco, e o concelleiro do BNG, Antón Bao, menosprezaran aos parados do seu concello e votaran en contra de modificar un plan que discrimina aos desempregados do municipio de Lugo, pese a que se trata da localidade con máis poboación e polo tanto maior número de parados.

Os populares reproban esta situación que amosa o partidismo de Orozco e Bao e, en concreto, Candia asegurou que o bipartito provincial está a xogar coa necesidade de todos os parados dos municipios de Castroverde, o Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín e Rábade; froito dun plan “inmoral elaborado por razóns políticas”.

Polo tanto, a popular veta os criterios excluíntes e sesgados do plan do bipartito que provocan que ningún desempregado da comarca poderá ser contratado a través do programa de emprego da Deputación de Lugo. Candia reprobou que ningún dos oito municipios que integran esta delimitación, a máis poboada da provincia,  poda participar no plan provincial.

O 41% de desempregados da provincia marxinados do plan da Deputación

Do estudo das bases obsérvase que non está garantida a igualdade de acceso e oportunidades de todos os cidadáns ao plan da Deputación, de xeito que o menosprezo ao que somete aos parados da comarca de Lugo representa que se “aparte” e, polo tanto, se “atropele”, ao 41% dos parados da provincia.

Un presidente provincial débese aos lucenses, matizou Elena Candia, e “atopámonos cun dirixente socialista que non só emprega aos parados de toda a provincia con fin electoralista senón que incumpre, inclusive, cos veciños que o elixiron directamente como concelleiro”.

José Ramón Gómez Besteiro está a “atropelar, marxinar e incluso desprezar” a aqueles lucenses que o elixiron nas urnas e que agora “relega a un segundo plano pensando exclusivamente no seu ascenso político”.

Ao igual ca Besteiro, a Orozco e Bao tampouco lle preocupan os seus veciños, xa que, reitera, o alcalde socialista votou en contra de modificar un plan de emprego que exclúe ao seu municipio e polo tanto, relega aos parados do seu concello.

O GPP esixirá unha rectificación no pleno extraordinario do xoves

O Grupo Provincial do Partido Popular esixirá este xoves en pleno extraordinario, ás 10:00 horas, a rectificación do plan de emprego da Deputación Provincial de Lugo e pedirá que se veten os criterios sesgados, excluíntes e partidistas ao tempo que demandará que se escoite aos municipios e aos acordos plenarios trasladados dende os concellos.

A voceira do PP afirmou que se está ante un organismo que só se preocupa polo emprego de cara a época electoral de aí que, por exemplo, a partida para o fomento do emprego segundo datos do terceiro trimestre do 2013, só teña un grao de execución de 4,17%.

As mentiras, desmóntanse

A mentira e o “único que lle permite” a Deputación Provincial xustificar este plan de emprego; e os datos amosan que non é certo que a Deputación busque compensar a falta de apoio da Xunta.

Neste comarca, todos os municipios excepto os que non o solicitaron, percibiron un obradoiro de emprego da Xunta de Galicia dende 2010; creando máis de 150 contratos a través destes obradoiros e un investimento de 1,8 millóns de euros.

De igual maneira, 43 persoas de todos os municipios da comarca tiveron un emprego en 2013 a través do plan de cooperación da Xunta de Galicia cun investimento superior aos 310.600 euros; ao que se lle suma que os municipios con superficie en rede natura recibiron unha axuda  de entorno a 20.000 euros.

E a nivel provincial, pódense sumar outros datos como o investimento de máis de 4 millóns de euros en 131 cursos que se desenvolvan na provincia e nos que participan preto de 2.000 persoas.