Lugo 29 de novembro de 2013.- Rexedores e voceiros do PP de Lugo asistiron esta tarde a un curso sobre novas tecnoloxías; unhas clases, nas que tamén estivo presente o líder dos populares lucenses, José Manuel Barreiro, o secretario xeral, José Manuel Balseiro ou o Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro.
O curso, impartido por un experto na materia, tivo lugar na sede dos populares en Lugo e tratou de achegar as novas tecnoloxías a cada un dos asistentes, sensibilizándoos coas redes sociais, Tic´s, cambios de modelos de comunicación, redes ou ciberactivismo.
Os populares son conscientes da importancia das tecnoloxías da comunicación posto que son unha forma máis de estar en contacto coa xente, de escoitala e de recoller as súas inquedanzas.
Neste senso, dende o PP ponse de manifiesto que un partido con vocación de Goberno non pode perder nunca esta perspectiva e a tecnoloxía simplifica, hoxe en día, convertir esas inquedanzas en propostas e en accións de Goberno.