Lugo, 29 de novembro de 2013. O PP de Lugo quere deixar claro que a Xunta de Galicia, dentro das súas posibilidades, continuará apoiando a Sargadelos, unha empresa cun patrimonio cultural e económico moi importante para a nosa comunidade.
Os populares piden a Gómez Besteiro que non faga demagoxia con Sargadelos e lembra que foi a Xunta de Galicia a única Administración que colaborou con esta empresa.
Os populares tildan de oportunista as declaracións do señor Gómez Besteiro e lémbranlle que no ano 2010, no momento difícil de Sargadelos, o goberno galego foi o único que colaborou cos traballadores da empresa de Cervo.
Di o PP que a Gómez Besteiro “éncheselle a boca” cando fala de emprego, e vendo que non fai máis que presumir deste tema, os populares pídenlle qué explique ónde está a súa axuda para esta empresa e cales son as súas actuacións no tocante ao tecido industrial.
Insisten os populares en que Sargadelos é unha das empresas máis representantivas culturalmente, polo que a Xunta, dentro das súas posibilidades, continuará apoiando á empresa.