Partido Popular de Lugo

PP critica a renuncia do rexedor a unha subvención de máis de 101.000 euros para mellorar o polígono industrial de Rábade

Rábade, 29 de novembro de 2013.- A presidenta e voceira do PP en Rábade, María Luisa Macía, denunciou hoxe a falta de coherencia e as contradiccións do señor Fernández Montes, quen nun primeiro momento, solicitou unha subvención a Consellería de Economía e Industria e tras serlle concedida, renunciou á mesma.

“O departamento de Francisco Conde, a través das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestructuras dos parques empresariais, respondía á petición do señor Fernández Montes, e destinaba unha subvención de 101.591,35 euros ao concello rabadense para a habilitación e mellora de infraestructura do parque empresarial”- afirmou María Luisa Macía, quen criticou que o rexedor unha vez solicitada a subvención e outorgada, renunciase a ela.

Concluíu a popular tildando ao Señor Fernández Montes de contradictorio e mal xestor.